• SEMINARIOS
• Organización do Seminario Internacional sobre sustentabilidade, celebrado en Santiago de Compostela entre os días 12 e 14 de setembro de 2000, coas seguintes actividades e relatores:
- Educación Ambiental e Sustentabilidade
Relator: Prof. Pablo Meira Cartea. Facultade de Ciencias da Educación. USC.
- Axendas 21 locais e sustentabilidade
Relator: Prof. Xulio Gutiérrez. Taller de Educación Ambiental. ICE-USC.
- Integración entre o sistema educativo e as comunidades cara a un futuro sustentable
Relator: Prof. Ferruccio Jarach. ONG Meridiani (Italia).
- Estudo dunha comunidade sustentable nos Andes bolivianos
Relator: D. Germán Vargas Calleja. Facultade de Ciencias da Educación. USC.
- A organización tradicional do espazo nas montañas orientais de Galicia
Relator: Prof. Luís Guitián. Facultade de Xeografía e Historia. USC.
- A base material enerxética como límite económico á sustentabilidade
Relator: Prof. Doldán. Facultade de Ciencias Económicas. USC.
- Educación Ambiental e sustentabilidade en Cuba
Relator: Prof. Roberto Pérez Morán. Instituto Superior Pedagógico Enrique José Varona. La Habana (Cuba).
• CONFERENCIAS
• Agricultura e gandeiría ecolóxica: a revolución dos consumidores
Relator: D. Enrique Banet. Ecoconselleiro polo Instituto Namur e director do programa “Senda Verde” da RTVG.
Data de celebración: 27 de abril de 2001.
• VISITAS-ESTUDO
• Visita á exposición: A noite está varrida da terra
Guiada por D. Manuel R. Bermejo Patiño.
Data de celebración: abril de 2001.
• Parque Natural de Mofragüe
Guiada por: D. Xoán Rodríguez Silvar.
Data de celebración: 17 e 20 de maio de 2001.
• CONVENIOS DE COLABORACIÓN
• Estancia de traballo de D. Roberto Pérez Morán, profesor do Instituto Superior Pedagógico Enrique José Varona de La Habana (Cuba) que permitiu a elaboración dun convenio de colaboración entre esa institución e a Universidade de Santiago de Compostela (ICE-Taller de Educación Ambiental) no marco do que se prevén diversas actividades de formación e intercambio no noso ámbito de traballo.
• PARTICIPACIÓN EN MÁSTERS E POSGRAOS
• Participación de diferentes membros do Taller como profesores/as no curso de Posgrao Especialistas en dirección de actividades educativas na natureza organizado pola Escola de Maxisterio de Lugo e o ICE da Universidade de Santiago de Compostela.
CURSO 2001-02
• CONFERENCIAS
• O Centro de Educación e Información Ambiental de Galicia
Relator: D. Carlos Vales. Director do CEIDA.
• O Cumio Internacional de Johannesburg
Relatora: Dna. Susana López Penedo. Buró Europeo de Medio Ambiente e Ecologistas en Acción.
Coorganizada coa Sociedade Galega de Educación Ambiental.
Data de celebración: 7 de xuño de 2002.
Lugar de celebración: Santiago de Compostela.
• SEMINARIOS
• Equipamentos para a educación ambiental, organizado en colaboración co Concello de Boqueixón (A Coruña), celebrado en Santiago de Compostela os días 1 e 2 de marzo de 2002, coas seguintes actividades e relatores:
- Conferencia: Os equipamentos para a Educación Ambiental
Relatora: Dna. Clotilde Escudero. Técnica de Educación Ambiental do CENEAM (Valsaín-Segovia).
- Presentación de equipamentos:
Parque Eólico Experimental “Sotavento” (Xermade). D. José Núñez Baña. Director do Parque.
Granxa-escola de Barreiros (Lugo). Membro do equipo educativo.
Centro de Interpretación do Pico Sagro (Boqueixón). D. Ovidio Rodeiro Tato. Concelleiro de Boqueixón.
Aula de Natureza de Ancares. D. Xoán Rodríguez Silvar. SEAS.
- Mesa redonda: Concellos e equipamentos para a educación ambiental. Participantes: Representantes dos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Culleredo e Lalín.
- Visita-estudo: Centro de interpretación do Pico Sagro e itinerario ambiental polo Concello de Boqueixón.
• VISITAS-ESTUDO
• Teixadal de Casaio
Data de celebración: 12, 13 e 14 de outubro de 2001.
• Carballal de Coiro (Cangas do Morrazo)
Data de celebración: Días 17 e 18 de novembro de 2001.
Visita a este espazo natural protexido a fin de analizar as repercusións e impactos que podería provocar a construción da vía rápida prevista sobre este singular espazo.
• Parque Eólico Experimental “Sotavento” (Xermade)
Data de celebración: marzo de 2002.
• EXPOSICIÓNS
• Exposición: As razóns do non
Mostra elaborada pola Plataforma Anti-Vía Rápida do Morrazo, que se expón a instancias do Taller de Educación Ambiental na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) da Universidade de Santiago de Compostela, entre os días 20 e 31 de maio de 2002.
Presentación da exposición: día 22 de maio, ás 11 h. na Facultade de Ciencias da Educación. D. Luis Pérez González.
• PUBLICACIÓNS
• Publicación e presentación da monografía De escolas a ecoescolas. Camiñando cara á sustentabilidade. Foi coordinada por Javier F. Rouco Ferreiro e M. Carmen Morán de Castro, e participaron nel varios colectivos de profesores/as galegos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria expoñendo as súas experiencias no proceso ecoescolar.
Data de presentación: novembro de 2001.