• CONGRESOS
• Organización do curso Iniciación a internet. Internet como recurso para a educación ambiental
O curso, cunha duración de 12 horas, tivo lugar os días 24 e 25 de marzo do 2000 no IES “As Fontiñas” de Santiago de Compostela. Participaron nel 24 profesores/as de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Universidade e foi impartido polos profesores D. Enrique J. Álvarez Escudero, D. Xoán Rodríguez Silvar e D. Luis M. Pérez González.
• Participación en Cuba (La Habana) no Congreso Internacional de educación energética sostenible coa conferencia “Con mucha energía en las escuelas” a cargo de D. Manuel A. Fernández Domínguez.
Data de celebración: 20-22 abril do 2000.
• CONFERENCIAS
• Presentación no Congreso de ENCIGA da ponencia “Ecoescolas”
Data de celebración: novembro de 1999.
• CURSOS DE FORMACIÓN
• Participación e colaboración de varios membros do Taller en cursos de formación de profesorado organizados polos CEFORES.
• MESAS REDONDAS
• Problemas ecolóxicos candentes en Galicia
Participantes:
- D. Xosé Veiras (Federación Ecoloxista Galega).
- Dna. Elvira Cienfuegos (ADEGA).
- D. Antón Masa (Asociación para a defensa da Ría de Pontevedra).
- D. Carlos Vales (ADEGA).
Data de celebración: 5 de xuño 2000.
Lugar de celebración: Galería Sargadelos (Santiago de Compostela).
• VISITAS- ESTUDO
• Piornedo-Serra de Ancares-Aula de Natureza de Ancares
Guiada por: D. Manuel A. Fernández Domínguez, D. Xoán Rodríguez Silvar, D. Plácido Lizancos e D. Pedro de Llano.
Data de celebración: 16, 17 e 18 de xuño 2000.
Programa:
- Día 16: Visita a Piornedo e conferencia “Arquitectura popular” a cargo de D. Plácido Lizancos e D. Pedro de Llano. Arquitectos.
- Día 17: Marcha a Penarrubia seguindo o Itinerario: Refuxio de Ancares, Cabanavella, Campo de Brego, Alto da Becerreira, Refuxio de Ancares. Dirixida por D. Manuel A. Fernández Domínguez.
- Día 18: Actividades na Aula de Natureza de Ancares. Dirixida por D. Xoán Rodríguez Silvar.
• INVESTIGACIÓNS
• Participación no programa europeo de inspección de costas COASTWATCH adxudicándosenos a inspección da praia de Xuño (Porto do Son).
Data de celebración: 28 de novembro de 1999.