• CONGRESOS
• Participación en Pamplona no Congreso Nacional de Educación Ambiental (1999) coa comunicación: “Materiais didácticos do Taller de EA”.
• CONFERENCIAS
• Ecoescolas
Relatora: Dna. Angélica San Martín Zorrilla. Profa. no CEIDA de Bilbao.
• VISITAS-ESTUDO
• Visita-estudo: Caurel
Data de celebración: días 25, 26 e 27 de xuño.
Programa:
- Día 25: visita aos pobos rehabilitados de Folgar e Vilamor.
- Día 26: marcha Devesa da Rogueira, Pía Paxaro, Lago de Lucenza.
- Día 27: regreso por Cebreiro-Samos.
• INVESTIGACIÓNS
• Constitución dun equipo de traballo aberto para avanzar no estudo de ecoauditorías e outros aspectos relativos a ecoescolas.
• Elaboración do informe Educación ambiental formal para a Estratexia Galega de Educación Ambiental. O informe foi resultado do proxecto de investigación dirixido polo prof. Manuel R. Bermejo Patiño e realizado baixo convenio asinado entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.