CURSO 1993-94

• CONGRESOS

• Participación no Colloquium “Trends in Environmental Education in Europe Organización: European Research Centre on Environmental Education and Development da Universidade de Bradford (Reino Unido).
Data de celebración: 25 ao 27 de febreiro de 1994.
Lugar de celebración: Bradford (Reino Unido).
Presentación no mesmo do informe Educación Ambiental en España, elaborado por D. Manuel A. Fernández Domínguez, Dna. Carmen Morán de Castro e D. Pablo Meira Cartea.

• CONFERENCIAS

No curso 1993/94 o traballo do Taller de Educación Ambiental desenvolveu como tema de traballo os “Residuos Sólidos Urbanos”.
Entre outras actividades, tivo lugar o ciclo de conferencias que de seguido se sinala:

• Residuos Sólidos Urbanos. Estado da cuestión
Relator: D. Carlos Pérez Losada. Químico.
Data de celebración: 4 de febreiro de 1994.

• O proxecto de xestión dos RSU en Galicia
Relator: D. Manuel Bao Iglesias. Catedrático de Enxeñería Química. USC.
Data de celebración: 15 de abril de 1994.

Outras conferencias:

• Trevinca: características naturais, económicas, sociais e culturais
Relator: D. Augusto Pérez Alberti. Prof. do Dpto. de Xeografía. USC.
Data de celebración: 11 de maio de 1994.

• Descripción de itineraios en Trevinca
Relator: D. Ricardo Gurriarán. Prof. de Educación Física. IB Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Data de celebración: 11 de maio de 1994.
• MESAS REDONDAS

• Os residuos sólidos urbanos en Galicia
Participantes:
- D. Manuel Soto. Prof. Enxeñería Química. Universidade de A Coruña.
- D. Xacobe Meléndrez. Grupos Ecoloxistas.
- D. Manuel Bao. COTOP.
- Representante do Concello de Santiago de Compostela.
Data de celebración: 3 de xuño de 1994.

• VISITAS-ESTUDO

• Vertedoiro Controlado do Concello de Ourense
Guiada por: D. Manuel Rodríguez Mosquera. Encargado do Vertedoiro Municipal de Ourense.

• Mosteiros de Santa. Cristina de Vea e San Estebo de Ribas de Sil
Guiada por: Dna. Yolanda Barriocanal. Profa. do Dpto. de Historia, Arte e Xeografía. Universidade de Vigo.
Data de celebración: 12 de marzo de 1994.

• Trevinca-Médulas
Guiada por: D. Manuel A. Fernández Domínguez. Coordinador do Taller de Educación Ambiental. ICE-USC.
Data de celebración: 20 e 21 de maio de 1994.

• EXPOSICIÓNS

• CARTEIS SOBRE MEDIO AMBIENTE. Exposición conmemorativa do Día Mundial do Medio Ambiente.
Data de celebración: do 30 de maio ao 17 de xuño de 1994.
Lugar de celebración: ICE (Santiago de Compostela).


• COLABORACIÓNS CON OUTRAS INSTITUCIÓNS

• Colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Servizos no desenvolvemento do “Plan de actividades de Educación Ambiental” na Universidade de Santiago de Compostela.

• Colaboración na Semana de Educación Ambiental do Colexio Público de Barouta (Ames).
Conferencia: Residuos sólidos urbanos
Realización dun Taller de reciclado de papel.
Data de celebración: 22 de marzo de 1994.

• Colaboración co Xardín de Infancia Raiola (Santiago de Comostela)
Realización dun Taller de reciclado de papel.
Data de celebración: 24 de marzo de 1994.

• Colaboración na Semana de Educación Ambiental do Colexio Público de Lamas de Abade (Santiago de Compostela)
Conferencia para profesorado: A Educación Ambiental como transversal.
Conferencia para alumnado: Residuos sólidos urbanos.
Realización dun Taller de reciclado de papel.
Data de celebración: 5, 7 e 8 de maio de 1994.

• INVESTIGACIÓNS

• Tabulación, codificación e análise dos cuestionarios do proxecto EUROSURVEY-GALICIA
Data de celebración: maio/xuño de 1994.
Informe pendente de publicación.

• PUBLICACIÓNS

• Publicación dun título da Serie Cadernos Temáticos de Investigación:
- Alimentación e nutrición.


• OUTROS DOCUMENTOS ELABORADOS

• Dossier bibliográfico sobre residuos sólidos urbanos.
Realizado a partir do fondo da biblioteca do ICE. Contén monografías, vaciado dos artigos que sobre o tema existen nas publicacións periódicas que se reciben, así como relación doutros materiais (vídeos, adhesivos, carteis, folletos, etc.).
Foi elaborado por Dna. Rosario Bañobre e Dna. Dolores Picallo.

• OUTRAS ACTIVIDADES

• FESTA DO LIXO. Elaboración de esculturas con materiais de refugallo
Como colofón ao traballo monográfico sobre residuos sólidos, e para conmemorar o “Día Mundial do Medio Ambiente”, organizouse esta festa que tiña como obxectivo a chamada de atención sobre a problemática xeral que os residuos sólidos están xerando, e a divulgación dun folleto con suxestións para reducir residuos, reusar, e reciclar.
A actividade artística estivo dirixida por Dna. Carmela García Soto profesora de Debuxo no IES Xelmírez I (Santiago de Compostela).
Data de celebración: 5 de xuño de 1994.
Lugar de celebración: Praza do Toural (Santiago de Compostela).

  • VI Xornadas de
    Educación Ambiental
  • 25, 26, 27 de xuño de 2009
    Santiago de Compostela
  • eduambiengal.com
    info@eduambiengal.com
Univesidade de Santiago Instituto de Ciencias da Educación Xunta de Galicia | Consellería de Medioambiente