CURSO 1992-93

• CONFERENCIAS
Desenvolveuse un ciclo de conferencias dedicado monograficamente ao tema AUGA:

•  A contaminación da auga por petróleo
Relator: D. Manuel R. Bermejo Patiño. Catedrático de Química Inorgánica. USC.
Data de celebración: 11 de decembro de 1992.

• A planificación hidrolóxica
Relator: D. Felipe Macías. Catedrático de Edafoloxía. USC.
Data de celebración: 12 de marzo de 1993.

• Calidade das augas en Galicia
Relator: D. Juan Manuel Antelo Cortizas. Catedrático de Química Física. USC.
Data de celebración: 16 de abril de 1993.

• Incidencia ambiental e social da política hidráulica en España
Relator: D. Santiago Martín. Membro da Coordinadora de Organizacións de Defensa Ambiental (CODA) de Madrid.
Data de celebración: 21 de maio de 1993.

Outras conferencias:

• O Ecomuseu Municipal do Seixal (Portugal)
Relator: D. Manuel Lima. Prof. do Ecomuseu do Seixal.
Data de celebración: 30 de abril de 1993.

• Tendencias Europeas en Educación Ambiental
Relator: D. Walter Leal Filho. Prof. do Dpto. de Ciencia Ambiental. Universidade de Bradford (Reino Unido).
Data de celebración: 28 de maio de 1993.


• VISITAS-ESTUDO

• Celanova-Bande-Lobios-Serra do Gerés
Data de celebración: 7, 8 e 9 de maio de 1993.

• COASTWATCH: Observación de 1 km de costa no pobo de Corrubedo
Guiada por: D. Enrique Álvarez Escudero e D. Xulio Gutiérrez Roger.
Data de celebración: 24 de outubro de 1993.

• COLABORACIÓNS CON OUTRAS INSTITUCIÓNS

• Colaboración, xunto con outros grupos, no deseño do Plan de actividades de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela, promovido e xestionado pola Vicerreitoría de Estudantes e Servizos á Comunidade Universitaria, para desenvolver ao longo do curso 1993/94.
O Taller de Educación Ambiental tamén acolleu nas súas dependencias á bolseira que a Vicerreitoría adscribiu ao devandito Plan.
• Colaboración co equipo coordinador en Galicia da actividade COASTWATCH. O Taller de Educación Ambiental do ICE cedeu as súas dependencias para as reunións de traballo do equipo coordinador da actividade na provincia de A Coruña.

• INVESTIGACIÓNS

• EUROSURVEY Galicia
O Taller de Educación Ambiental do ICE, en colaboración co Departamento de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, integrouse no proxecto europeo EUROSURVEY, para desenvolver en Galicia o estudo que servirá como mostra do estado español. O devandito proxecto de investigación xurdiu como iniciativa do Department of Environmental Science da Universidade de Bradford (Reino Unido), baixo a coordinación do profesor Dr. Walter Leal Filho.
A investigación relativa ao coñecemento e valoración que os escolares teñen sobre cuestións relativas a “Medio ambiente e Saúde” abrangue a unha mostra de 2.000 alumnos/as galegos de idades comprendidas entre os 12 e 16 anos.
Nos meses de setembro e outubro realizouse a tradución e adaptación do cuestionario, así como a planificación das diferentes fases do proxecto.
Nos meses de novembro e decembro, procedeuse á aplicación dos cuestionarios.

  • VI Xornadas de
    Educación Ambiental
  • 25, 26, 27 de xuño de 2009
    Santiago de Compostela
  • eduambiengal.com
    info@eduambiengal.com
Univesidade de Santiago Instituto de Ciencias da Educación Xunta de Galicia | Consellería de Medioambiente