• CONFERENCIAS
• Didáctica do medio mariño
Relator: D. Xaquín Penas Patiño. Prof. do IESP de Sada (A Coruña).
Data de celebración: 21 de febreiro de 1992.
• O medio mariño: audiovisiual
Relator: D. Xabier Garrote Cubero. Prof. do CP Mondego-Sada (A Coruña).
Data de celebración: 21 de febreiro de 1992.
• Impacto ambiental da explotación de lignitos de As Pontes
Relator: D. Manuel R. Bermejo Patiño. Catedrático de Química Inorgánica. USC.
Data de celebración: 25 de abril de 1992.
• A Serra do Caurel
Relatores:
- D. Pablo Meira Cartea. Prof. do Dpto. de Teoría e Historia da Educación. USC.
- D. Manuel A. Fernández Domínguez. Prof. do IB Xelmírez I (Santiago de Compostela).
Data de celebración: 15 de maio de 1992.
• Da economía ecolóxica ao ecoloxismo popular
Relator: D. Joan Martínez Alier. Prof. do Dpto. de Economía. Universidade Autónoma de Barcelona.
Data de celebración: 12 de xuño de 1992.
• VISITAS-ESTUDO
• Central Térmica ENDESA (As Pontes de García Rodríguez)
Guiada por: D. Tomás Lucas Álvarez. Director do Laboratorio da Central Térmica Endesa.
Data de celebración: 9 de maio de 1992.
•Serra do Caurel
Guiada por: D. Pablo Meira Cartea e D. Manuel A. Fernández Domínguez.
Data de celebración: 22, 23 e 24 de maio de 1992.
• EXPOSICIÓNS
• Festa do Medio Ambiente
Data de celebración: 5 de xuño de 1992.
Lugar de celebración: Praza do Toural, Santiago de Compostela.
Contido: Exposición de carteis e materiais diversos en celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
• Organización da exposición: AMAZONIA URXENTE
Data de celebración: Do 10 ao 30 de xuño de 1992.
Lugar de celebración: Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela).
Entidades colaboradoras: Mostra elaborada pola Comisión Pro-Amazonia, AEDENAT e a Aula de Ecoloxía do Concello de Madrid, e organizada en Santiago de Compostela polo Taller Permanente de Educación Ambiental do ICE Nela colaboraron as seguintes institucións: Vicerreitoría de Política Cultural da Universidade de Santiago de Compostela, Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno, Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana e Museo do Pobo Galego.
Contidos: Amosouse na mesma un percorrido pola historia, xeografía, cultura indíxena e actualidade do ecosistema amazónico, a través de mapas, fotos, textos, debuxos e unha importante colección de obxectos etnográficos pertencentes ás tribos indíxenas que alí habitan.
• COLABORACIÓNS CON OUTRAS INSTITUCIÓNS
• Conferencia nas Xornadas sobre Reciclaxe de Papel, organizadas pola ANPA do Colexio Público “Francisco Franco” de Ribeira.
Data de celebración: xaneiro de 1992.
• Colaboración na Exposición Itinerante sobre Educación Ambiental nos Centros de Ensino do Morrazo, Pontevedra.
Data de celebración: febreiro, marzo e abril de 1992.
• Colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Servizos á Comunidade Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, formando parte do equipo coordinador da “Campaña de recollida de papel usado na Universidade”. As dependencias do Taller de Educación Ambiental acolleron durante o curso 1992/93 á bolseira que a Vicerreitoría adscribiu a este proxecto.
• PUBLICACIÓNS
• Publicación de dous títulos da Serie Cadernos Temáticos de Investigación:
- O patrimonio arqueolóxico e artístico I e II.