Actividades

Cursos de Verán 2009

(Campos do Courel - USC)

O Courel como espazo educativo. Recursos Didácticos e Metodoloxías

Director: D. Manuel Antonio Fernández Domínguez.
Secretaria: Dna. Carmen Morán de Castro.
Membros do Taller de Educación Ambiental do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (ICE-USC).

Datas provisionais: do 7 ao 11 de setembro do 2009.

Lugar: Edificio Multiusos do Concello de Seoane do Courel (Lugo).

Obxectivos:

  • - Divulgar os valores patrimoniais do Courel.
  • - Aportar elementos básicos na formación inicial e continua dos profesores/as interesados na temática medioambiental.
  • - Sentar as bases metodolóxicas e conceptuais para o aproveitamento dos espazos naturais como lugares de aprendizaxe.
  • - Abrir vías para un uso sostible no tempo das dinámicas de divulgación e interpretación na comarca de O Courel.

Contidos:

Os contidos comprenderán unha visión integral do territorio dende a perspectiva da Educación para a sustentabilidade:

  • - Historia, etnografía,antropoloxía e cultura popular.
  • - Xeografía e interpretación da paisaxe. Técnicas cartográficas dixitais.
  • - Xeoloxía e xeomorfoloxía.
  • - Os seres vivos. Comunidades vexetais e principais grupos zoolóxicos.
  • - Impactos ambientais e xestión ambiental.

Duración do curso: 30 horas

Profesores/as participantes:

  • - D. Manuel Antonio Fernández Domínguez. Profesor de CC. Naturais no IES Arcebispo Xelmírez I, de Santiago de Compostela e coordinador do Taller de Educación Ambiental do ICE-USC.
  • - Dna. Carmen Morán de Castro. Profesora Titular da Facultade de Ciencias da Educación da USC e secretaria do Taller de Educación Ambiental do ICE-USC.
  • - D. Xulio Gutiérrez Roger. Profesor de Ciencias Naturais no IES da Pobra do Caramiñal e autor de numerosos traballos sobre Educación Ambiental e Didáctica das Ciencias Naturais.
  • - D. Xosé M. Vázquez Varela. Profesor de Prehistoria na Universidade de Santiago e autor de numerosos traballos de investigación sobre Prehistoria e Etnografía de Galicia.
  • - D. Xoán Rodríguez Silvar. Profesor de Ciencias Naturais no IES Sofía Casanova, de Ferrol, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e destacado representante da ornitoloxía galega.
  • - D. Enrique J. Álvarez Escudero. Profesor de Ciencias Naturais no Centro de FP das Fontiñas en Santiago de Compostela e destacado educador ambiental e ecoloxista galego.
  • - D. Miguel A. Ríos Torre. Profesor de Ciencias Naturais no IES Rosalía Castro de Santiago de Compostela e experimentado educador ambiental e na Didáctica das Ciencias Naturais.
  • - D. Camilo Ojea Bouzo. Profesor de Ciencias Naturais no IES de Chantada e membro da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) e da Federación Ecoloxista Galega (FEG).

Programa provisional


Luns, 7 de Setembro
18,30 Recepción de alumnos/as e inauguración do curso
18,45 Relatorio inaugural: “O Courel. Importancia patrimonial e recursos educativos”
D. Manuel A. Fernández Domínguez
Membro do Taller de Educación Ambiental (ICE-USC)
19,30-21,00 Traballo en equipos
Dirixido por D. Camilo Ojea Bouzo
Profesor de Ciencias Naturais no IES de Chantada e membro da SGEA e da FEG
Martes, 8 de Setembro
10,00 Relatorio: “Historia ambiental do Courel”
D. Xosé M. Vázquez Varela
Profesor da Facultade de Xeografía e Historia da USC
12,00 Relatorio: “Características antropolóxicas e etnográficas”
D. Xosé M. Vázquez Varela
16,30-21,30 Itinerario pola Ferreiría de Seoane, Castro de Vilar e Mina da Toca
Mércores, 9 de Setembro
10,00 Relatorio “Xeoloxía, xeomorfoloxía e interpretación da paisaxe”
D. Xulio Gutiérrez Roger
Membro do Taller de Educación Ambiental (ICE-USC)
12,00 Relatorio: “Sistemas de información xeográfica nos estudos ambientais do territorio”
D. Enrique Álvarez Escudero
Membro do Taller de Educación Ambiental (ICE-USC)
16,30 Relatorio: “Interpretación dos mapas topográficos e xeolóxicos”
D. Xulio Gutiérrez Roger
19,00-21,00 Traballo en equipos
Dirixido por D. Camilo Ojea Bouzo
Xoves, 10 de Setembro
10,00 Relatorio “Flora e fauna do Courel” D. Xoán Rodríguez Silvar
Membro do Taller de Educación Ambiental (ICE-USC)
12,00 Relatorio “Xestión de equipamentos para a interpretación e divulgación das áreas naturais protexidas” D. Xoán Rodríguez Silvar
16,30-21,30 h. Itinerario natural pola Devesa da Rogueira e o monte Cido
16,30-21,30 Itinerario natural pola Devesa da Rogueira e o monte Cido
Venres, 11 de Setembro
10,00 Traballo en equipos: “Elaboración de materiais didácticos para o estudo integral da problemática ambiental na bisbarra do Courel”
Dirixido por D. Manuel A. Fernández Domínguez e Dna. Carmen Morán de Castro
Membros do Taller de Educación Ambiental (ICE-USC)
12,00 Relatorio “A problemática ambiental no Courel. O Courel, Parque Natural?” D. Miguel A. Ríos Torre
Membro do Taller de Educación Ambiental (ICE-USC)
13,00 Posta en común dos traballos en grupo e Clausura
  • VI Xornadas de
    Educación Ambiental
  • 25, 26, 27 de xuño de 2009
    Santiago de Compostela
  • eduambiengal.com
    info@eduambiengal.com
Univesidade de Santiago Instituto de Ciencias da Educación Xunta de Galicia | Consellería de Medioambiente