Composto por profesionais do ensino de diferentes especialidades e niveis, ven desenvolvendo desde o ano 1988 actividades, estudios, campañas, ... co obxectivo central de promover a incorporación da Educación Ambiental no ensino, difundir a problemática ambiental e participar activamente no debate arredor do desenvolvemento sostible.
O traballo estructúrase anualmente en función de temas monográficos -auga, residuos, enerxía, parques naturais, ecoescolas, consumo ...- sobre os que se desenvolven actividades formativas e de divulgación tales como conferencias, seminarios, visitas, elaboración de materiais... Ó tempo compaxínase a actividade anual coa organización de eventos como foi o Congreso Internacional de "Estratexias e Prácticas en Educación Ambiental" (1996), participación na elaboración da Estratexia Galega de Educación Ambiental (2000), Campaña de promoción da reciclaxe de papel na Universidade de Santiago de Compostela (1992-93), organización de Exposicións...
Coa súa creación xurde a Sección Ambiental na biblioteca do I.C.E. dotada con máis de mil monografías, revistas, vídeos, carteis, folletos, informes e outros variados materiais con información medioambiental de todo o mundo.