Mostra de Educación Ambiental

A Mostra de Educación Ambiental pretende ser un espazo onde amosar ao público asistente diferentes axentes da Educación Ambiental, recursos que producen e servizos que realizan.

Esta Mostra está aberta á participación expositiva de tres colectivos preferentes:

  • - Federacións, Asociacións e ONGs.
  • - Empresas que se dedican especificamente ou prestan servizos ocasionais á Educación Ambiental: produción de materiais, equipamentos ...
  • - Institucións públicas e privadas, como concellos, departamentos da administración autonómica, universidades, etc., con traballo específico no ámbito da Educación Ambiental.

A participación na Mostra concrétase na presentación dun póster de 100cm de alto e 80cm de ancho, onde se recollan os aspectos básicos da actividades ou iniciativas a difundir. Adicionalmente poderanse expor outro tipo de materiais tales como folletos, libros, vídeos, etc.

Cada entidade participante disporá de:

  • - Un soporte vertical onde colocar o póster.
  • - Unha mesa para situar folletos, libros e outras publicacións.
  • - Toma de corrente eléctrica para conectar algún dispositivo audiovisual (proxector, televisión, ordenador portátil, etc).

Para facilitar a organización da Mostra pregamos nos indiquen, á maior brevidade, a súa intención firme de participar na mesma e as súas necesidades específicas en relación coas infraestruturas mencionadas.

As entidades interesadas en participar na Mostra deben enviar antes do 15 de abril seguinte formulario que resume as características básicas para a participación

  • VI Xornadas de
    Educación Ambiental
  • 25, 26, 27 de xuño de 2009
    Santiago de Compostela
  • eduambiengal.com
    info@eduambiengal.com
Univesidade de Santiago Instituto de Ciencias da Educación Xunta de Galicia | Consellería de Medioambiente