Comunicacións

Propostas de comunicacións e pósteres

Calquera persoa inscrita nas Xornadas poderá presentar un máximo de dúas contribucións nos formatos previstos –comunicación e pósteres- xa sexa como autor/a ou coautor/a.

En calquera dos casos é preciso enviar un resumo da proposta antes do 15 de abril de 2009 á secretaría das Xornadas, comunicándose a súa aceptación ou non posteriormente.

Comunicacións

Os resumos das comunicacións deben enviarse segundo as seguintes pautas:

  • - Datos persoais:
    • Autoría: nome/s e apelidos
    • Dedicación profesional
    • Enderezo de correo ordinario e electrónico
  • - Título da comunicación.
  • - Sección de traballo das Xornadas na que se presenta.
  • - Resumo de entre 800 e 1000 palabras no que se indiquen os obxectivos, se sinteticen as teses ou ideas principais e se formulen as conclusións a que haxa lugar.
  • - Formato: Times New Roman, 12 puntos, interliñado 1,5, espazado 0 puntos.


Características das propostas de pósteres

Os resumos de póster deben enviarse segundo as seguintes pautas:

  • - Datos persoais:
    • Autoría: nome/s e apelidos
    • Dedicación profesional
    • Enderezo de correo ordinario e electrónico
  • - Título do póster.
  • - Sección de traballo das Xornadas na que se presenta.
  • - Resumo dun mínimo de 200 palabras no que se indiquen os obxectivos, se sinteticen as teses ou ideas principais e se formulen as conclusións a que haxa lugar.



Aceptación de comunicacións e pósteres

O comité das Xornadas comunicará antes do 30 de abril de 2009 a aceptación ou non aceptación das propostas.

O texto definitivo das comunicacións aceptadas (cunha extensión de entre 8 e 12 páxinas) e os pósteres (en formato pdf) deberán enviarse antes do 15 de maio de 2009. Os pósteres (dimensión 0,80 / 1,00) entregaranse na secretaría das Xornadas o primeiro día coa recollida da acreditación.


Presentación de comunicacións e pósteres

Todos os resumos das comunicacións e dos pósteres aceptados serán publicados en formato impreso, e o texto completo en formato dixital.

De entre as comunicacións aceptadas o Comité científico seleccionará antes do 30 de maio de 2009 as que serán expostas en sesión pública, para o que disporán dun tempo máximo de 20 minutos.

A organización prevé un tempo destinado á explicación dos pósteres aceptados por parte dos seus autores/as.



Recorde que debe enviar a súa proposta de comunicación antes do 15 de abril de 2009. Para facérnolas chegar, por favor encha o seguinte formulario.
  • VI Xornadas de
    Educación Ambiental
  • 25, 26, 27 de xuño de 2009
    Santiago de Compostela
  • eduambiengal.com
    info@eduambiengal.com
Univesidade de Santiago Instituto de Ciencias da Educación Xunta de Galicia | Consellería de Medioambiente